Arancha Nogueira
é poeta, xornalista, crítica literaria, investigadora, feminista, vexetariana, cantante de ducha e unha louca dos afectos. nada en ourense (galiza), retais da súa vida pasaron por porto (portugal), belfast (éire) ou madrid (españa). licenciada en xornalismo, actualmente leva a cabo a súa tese de doutoramento sobre a poesía galega e irlandesa de mulleres na universidade de santiago de compostela. tamén forma parte da plataforma de crítica literaria feminista a sega. andar descalza, gañador do certame francisco añón de poesía en 2013, é o seu primeiro poemario publicado. no 2016 gañou o primeiro premio do certame de poesía da universidade de vigo con (a)fogar, publicándose nunha antoloxía coeditada por xerais. no 2017 gañou o primeiro premio de poesía do concello de ames, o mazarelos da universidade de santiago de compostela e a segundo premio xuventude crea da xunta de galiza. tamén en 2017, e con especial ilusión, prologou a matilde campilho na súa primeira edición en español.